Eu quero vivir neste barrio!

Unha das actividade consiste en "vestir as árbores" © A Xuntanza

Os veciños e veciñas de San Pedro, en Compostela, celebran este sábado o Día do Barrio, unha xornada de festa, pero tamén de embelecemento e decoración das rúas, prazas e fachadas, e tamén solidario, coa recollida de alimentos para a cociña económica. A xornada comezará cedo, a iso das dez da mañá e os traballos rematarán contra as dúas da tarde; despois haberá un picnic colectivo na Praza do Cruceiro. O Barrio de San Pedro é un dos máis activos de Galicia; destaca por ter unha poboación nova e imaxinativa, e un tecido comercial que tamén foi apostando pola orixinalidade e a especialización. A Festa da Primavera ou as propias festas do barrio (que se celebran a finais de xuño) son unha boa mostra.

Unha parte fundamental das actividades xirarán ao redor da mellora dalgúns aspectos do barrio, comezando pola sinalización dalgúns dos seus espazos e servizos. Xa está en marcha, ademais, a I mostra de Urban Knitting, unha iniciativa, que xa se levou a cabo en Valencia ou Bilbao, pola que as rúas se embelecen con distintos elementos de crochê. Tamén se levarán a cabo traballos de limpeza e instalaranse arranxos florais e de igual xeito, procederase a repoñer a cuberta de terra e sementar arredor dalgunhas árbores herbas aromáticas e os troncos doutras árbores decoraranse con distintos elementos. Así mesmo, levarase a cabo o repintado e arranxo dos bancos de madeira e varandas en diversas rúas e farase un inventario de todo aquelo que precisa ser reparado.

A Xuntanza, que organiza as actividade, salienta que "non queremos suplantar os servizos municipais" pero afirma que "o barrio é a nosa casa e nós temos que ser os primeiros en coidalo, no día do barrio e nos outros días do ano".

O Día do Barrio ten un obxectivo solidario, igualmente, e por exemplo procederase á recollida de material escolar para o seu reparto e tamén de alimentos para a Cociña Económica.

A Asociación de Veciñas e Veciños A Xuntanza, que organiza as actividade, salienta que "non queremos suplantar os servizos municipais" pero afirma que "o barrio é a nosa casa e nós temos que ser os primeiros en coidalo, no día do barrio e nos outros días do ano".

Unha das actividade consiste en "vestir as árbores" © A Xuntanza

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.