FACUA-Consumidores en Acción vén de esixirlle ao Goberno que as asociacións de consumidores formen parte da comisión de investigación sobre o descarrilamento. A entidade reclámalle ao Executivo a "máxima transparencia" á hora de esclarecer cales foron as causas do accidente e dirimir responsabilidades e tamén demándalles aos responsables de elaborar os protocolos de salvamento que expliquen "por que se desprazaron aos feridos a hospitais privados e doutras provincias en lugar da o de Conxo, situado só a centenares de metros". Así mesmo, a asociación esixe que se aclaren os motivos "polos que non se declarou até dúas horas despois o nivel de alerta 2, necesario para un sinistro desta magnitude, tal como transcendeu publicamente".
Demándalles aos responsables de elaborar os protocolos de salvamento que expliquen "por que se desprazaron aos feridos a hospitais privados e doutras provincias en lugar da o de Conxo, situado só a centenares de metros"
De igual maneira, FACUA solicítalle ao Goberno que preside Mariano Rajoy que explique os motivos polos que a liña de Alvia Madrid-Ferrol carecía dun sistema de freado automatizado que, segundo os expertos, podería evitar a traxedia. Para FACUA, o descarrilamento "puxo de relevo a necesidade de revisar a seguridade ferroviaria no noso país co fin de tranquilizar aos usuarios do transporte público e despexar calquera sombra de dúbida sobre os sistemas utilizados". Por iso, FACUA pide que a investigación sobre o accidente de Santiago se faga "extensiva a todas as liñas da rede nacional de ferrocarrís e se promova a substitución inmediata dos seus equipos de seguridade por outros máis modernos e eficientes nos casos nos que se detecte que hai carencias".
Indemnizacións
FACUA lembra tamén que Renfe dispón dun prazo de "como moi tarde 15 días despois de que se identificou á persoa con dereito a indemnización" para aboarlles a familiares e vítimas até un máximo de 21.000 euros como anticipo ás compensacións
FACUA lembra tamén que Renfe dispón dun prazo de "como moi tarde 15 días despois de que se identificou á persoa con dereito a indemnización" para aboarlles a familiares e vítimas até un máximo de 21.000 euros como anticipo proporcional ás compensacións que se determinen, segundo a normativa europea. A asociación reitéralle ao operador ferroviario a súa obriga de ofrecer un sistema de tramitación de reclamacións e "ampla información" aos afectados, e pide que lles proporcione estas contías "canto antes para que poidan afrontar as súas necesidades económicas nestes días tan difíciles".
A este respecto LMTABOGADOS lembra que o Regulamento do Seguro Obrigatorio de Viaxeiros de 1989 obriga todo transportista a concertar unha póliza de seguro con calquera das entidades autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda. Os asegurados son aquelas persoas que no momento do accidente teñan o titulo do transporte, é dicir, o billete ou talón de transporte, xa sexa este de pago ou gratuíto. Neste senso indican que se o billete non é nominativo, como ocorre por exemplo nalgúns traxectos ferroviarios, e se polas características do sinistro é verosímil que o mesmo poida extraviarse, existe unha presunción iuris tantum, é dicir que admite proba en contrario, de que o accidentado viaxaba provisto de billete e que se atopa amparado polo seguro obrigatorio. O mesmo ocorre cos menores, aínda que non tivesen billete por non estar obrigados ao pago por razón de idade.
Con independencia deste seguro obrigatorio, as vítimas poderán ser indemnizadas polos responsables do sinistro
Con independencia deste seguro obrigatorio, as vítimas poderán ser indemnizadas polos responsables do sinistro xa sexa RENFE ou o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), dependendo de cal sexa a causa: un fallo humano, un mecánico, ou ambos. Estas indemnizacións dependerán da gravidade dos prexuízos causados e das circunstancias persoais e familiares dos prexudicados, presupóndose cuantiosas.