"Traballei nove anos na sanidade pública. Dóeme especialmente estes tipos de comentarios, son unha insidia. Hai algún médico, que é o que máis me indigna, que deberían replantexar a súa actitude". Alberto Núñez Fejoo foi entrevistado este venres por Julia Otero en Onda Cero. No remate da conversa (a partir do minuto 34'30") a xornalista pregúntalle polos recortes efectuados polos recortes efectuados polo Goberno galego nos últimos anos, en concreto polos que afectaron aos novos tratamentos para a hepatite C e que, segundo a denuncia da Fiscalía, puideron provocar a morte de varios pacientes polo atraso en aprobar a medicación.
"Hai algún médico, que é o que máis me indigna, que debería replantexar a súa actitude, sobre todo cando algún destes médicos fai transplante de fígado"
O presidente da Xunta cualifica as denuncias presentadas de "calumnia" e de "insidias", criticando especialmente a posición adoptada polos profesionais que alertaron destas situacións: "Hai algún médico, que é o que máis me indigna, que debería replantexar a súa actitude, sobre todo cando algún destes médicos fai transplante de fígado". "Un transplante de fígado ten un custe de 100.000 euros para a sanidade pública e estes médicos son os que prescribren libremente os transplantes. Paréceme unha insidia impropia que a mesma persoa que fai transplantes de fígado, a mesma que prescribe se unha persoa ten ou non posibilidades de ser transplantado con éxito, lle diga a alguén que non se lle deu o tratamento da hepatite C, sabendo que ese transplante vale moitos máis cartos que decenas de persoas co tratamento", afirmou.
Preguntado polos motivos que levaron a estes profesionais a denunciar os atrasos na concesión do tratamento, o presidente da Xunta culpou do sucedido a "as leas que hai nos hospitais entre servizos e nos mesmos servizos"
"Se algunha persoa das que nos denunciou está facendo transplantes de fígados no hospital e iso ten máis custo que os tratamentos de hepatite C, que me expliquen cal é o plantexamento economicista", reiterou. Preguntado daquela Núñez Feijoo polos motivos que levaron a estes profesionais a denunciar os atrasos na concesión do tratamento, o presidente da Xunta culpou do sucedido a "as leas que hai nos hospitais entre servizos e nos mesmos servizos".
E engadiu que "quen receita o tratamento son os médicos e non o presidente nin o conselleiro", descargando de novo a responsabilidade nos profesionais. Núñez Feijoo defendeu que "a porcentaxe de tratamento de hepatite C foi superior á media do Estado". "Estou tan seguro deste asunto como seguro de que paga a pena dicir a verdade", concluíu.