Finou Rosa Bassave Roibal

Rosa Bassave Roibal á esquerda CC-BY CNT

Rosa Bassave Roibal faleceu este martes en Compostela aos 58 anos de idade. Será incinerada este mércores 12, ás 11:30 da mañá, no cemiterio de Boisaca.

Emigrou moi nova a Barcelona, Inglaterra e París, para volver a Compostela a comezos dos setenta. En 1973 comezou a militar na UPG e chegou a formar parte da executiva da AN-PG e logo do BNPG, até que decide abandonalos en 1979 para militar no movemento libertario. En 1979 comezou a formar parte da Federación Anarco-Comunista Galega e da redación da revista Arco da Vella, unha das primeiras revistas do movemento libertario galego despois da morte de Franco.

Foi unha das persoas participantes na refundación da CNT na cidade de Compostela no ano 1983

Fundou a cooperativa de reprografía 1846, e desde 1983 traballou na Universidade de Compostela, sendo nos últimos anos directora da biblioteca da Facultade de Matemáticas.

Foi unha das persoas participantes na refundación da CNT na cidade de Compostela no ano 1983. Foi Secretaria Xeral desta Federación Local nos anos 1990-92 e 2001-2003, ademais de ter participado noutros cargos e de manterse permanentemente na militancia de base. Foi tamén Secretaria Xeral da Rexional de Galicia entre os anos 2004 e 2006.

Tamén militou no feminismo, participando na refundación de Mulleres Libres en 1988 e logo na Marcha Mundial das Mulleres, ou na intervención cultural desde o Ateneu Libertário de Compostela

Tamén militou no feminismo, participando na refundación de Mulleres Libres en 1988 e logo na Marcha Mundial das Mulleres, ou na intervención cultural desde o Ateneu Libertário de Compostela, no que participaba destacadamente na redación da revista (A)narquista. Tivo tamén unha participación destacada nas reivindicacións da memoria histórica e na recuperación do coñecemento do pasado revolucionario da CNT.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.