GALERÍA | Galicia sae á rúa en solidariedade con Barcelona

Praza de María Pita, na Coruña © Concello da Coruña

Ás 12 do mediodía concentracións e minutos de silencio en concellos e centros de traballo amosaron a repulsa contra os atentados e a dor compartida coa sociedade catalá. Non só nas sete cidades galegas, senón tamén en vilas como Ribadeo, Ordes, Cambre ou As Pontes, a cidadanía quixo amosar a súa solidariedade con Barcelona e co pobo catalán e o seu rexeitamento ao terrorismo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.