Galicia vivirá este luns protestas contra os ataques israelís en Gaza

Tripulantes do 'Estelle' © Rumbo a Gaza

As concentracións, convocadas polo de agora na Coruña, Vigo, O Barco, Ferrol, Cangas e Cee, comezarán ao redor das oito e media. Os actos están organizados de forma individual por un grupo de persoas para denunciar "a agresión cometida por parte do Estado de Israel contra a poboación palestina". Os convocantes consideran "completamente desproporcionada a resposta aos ataques presuntamente perpretados por Hamás" e avogan "por unha resolución pacífica do conflito que inclúa o recoñecimento de Palestina como Estado de pleno dereito e a aplicación das debidas sancións a Israel en función das múltiples resolucións internacionais que nestes días está incumprindo".

Ao longo desta fin de semana tanto o BNG coma Anova e Esquerda Unida criticaron con dureza estas agresións e chamaron a participar nas concentracións convocadas para este luns.

 

Concentracións convocadas:

A Coruña: 20:30h. Obelisco
Vigo: 20:30, Farol de Príncipe
O Barco de Valdeorras: 20:30. Fronte ao Concello
Ferrol: 20:30. Fronte ao edificio administrativo da Xunta
Cangas: 20:00h. Fronte ao Concello
Cee: 20:30h. Praza 8 de Marzo

 

Ataque israeli sobre o cuartel de Hamas © Al-Jazeera

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.