Galiza Nova 'traviste' o Papa Benedicto XVI

© Galiza Nova

As mocidades do BNG realizan un acto simbólico na estatua que o pontífice ten en Compostela para reivindicar “políticas que recoñezan a igualdade de dereitos para todas e todos" no Día do Orgullo LGBT. Arredor de 30 persoas déronse cita a partir das 17 horas para denunciar "as discriminacións que aínda perviven na nosa sociedade e o retroceso nos dereitos conquistados”. Posteriormente vestiron o Papa e cubrírono cunha bandeira coas cores do arco da vella e cunha bandeira galega coa estrela.

Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova afirmou que “hoxe o PP tanto na Xunta como no Goberno central aplica a súa ideoloxía conservadora da man da asociacións antiabortistas ou da igrexa católica, impondo o seu modelo de familia e poñendo en cuestión dereitos elementais como o matrimonio de persoas do mesmo sexo” e explicou que foi por este motivo que escolleron ese lugar "para denunciar o papel da Igrexa no mantemento dunha moral que discrimina ás persoas polo seu xénero ou opción sexual”.

Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova afirmou que “hoxe o PP tanto na Xunta como no Goberno central aplica a súa ideoloxía conservadora da man da asociacións antiabortistas ou da igrexa católica

Todas as persoas que acudiron ao acto portaron diferentes carteis de denuncia nos que se podía ler entre outras frases: “Si la mujer aborta, el varón puede abusar de ella" de Javier Martínez, bispo de Granada; “hay adolescentes de 13 años que son menores y están perfectamente de acuerdo y, además, deseándolo. incluso si te descuidas te provocan" de Bernardo Álvarez, Bispo de Tenerife; ou “o furacán Katrina foi una retribución divina pola tolerancia de Nova Orleáns coa homosexualidade” de Gerhard Wagner, bispo de Liz (Austria).

Galiza Nova denuncia que “cando xa nos dispoñíamos a abandonar o lugar apareceron varias patrullas de policia nacional e local e decidiron identificarnos a todas e todos”. A este respecto, Aboi aformou que “este tipo de actos moléstanlle ao PP porque non toleran que defendamos os nosos dereitos”.

Benedicto XVI, "transformado" por Galiza Nova © Galiza Nova

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.