Grupos de 'Amigos da Terra' de toda Europa reúnense esta semana en Galicia

Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas Dominio Público Praza Pública

Dende hai dous anos, os grupos nacionais pertencentes á rede Amigos da Terra Europa reúnense nunha xuntanza anual de formación, denominada Get Moving. Ao longo desta semana representantes de 16 agrupacións levarán a cabo no centro de Educación Ambiental As Corcerizas (Serra de San Mamede, Ourense) unha serie de actividades de formación sobre mobilización social e activismo. Dende Amigos da Terra sinalan que "no contexto de crise social e ambiental no que nos atopamos inmersos, o fortalecemento do traballo en rede dos movementos sociais é clave para construíren alternativas que promovan a xustiza ambiental e o interese xeral".

As iniciativas sociais respectuosas co noso entorno "están a xerar un movemento alternativo progresivamente máis sólido e numeroso, baseado na solidariedade, a xustiza social e ambiental"

Salientan que as iniciativas sociais respectuosas co noso entorno "están a coller máis forza que nunca" pois as cooperativas de intercambio de produtos e servizos, de produción e consumo de alimentos, asi coma as plataformas cidadás por un novo modelo enerxético, por outro modelo de xestión dos recursos naturais e os residuos, entre outros proxectos, "están a xerar un movemento alternativo progresivamente máis sólido e numeroso, baseado na solidariedade, a xustiza social e ambiental". Por este motivo sinalan que “a situación actual fai preciso que as organizacións sociais tradicionais reflexionen sobre o seu rol na sociedade". 

Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.