Homenaxe a Ramom Muntxaraz no seu quinto cabodano

Cartaz da homenaxe Dominio Público Praza Pública

O Centro Social da Gentalha do Pichel acollerá este venres unha homenaxe ao sindicalista e activista social Ramom Muntxaraz, cando fan cinco anos do seu pasamento. O acto comezará ás 20.30 horas e consistirá nun coloquio no que participará Pedro Alonso, Suso Irago e Xan Carlos Ansia. Tamén se proxectará un video sobre actos políticos e sindicais nos que participou Muntxaraz.

Ramom Muntxaraz finou o 29 de xuño de 2008 en Compostela. Nado en Toledo, chegou a Galicia a finais dos 70 logo de gañar unha praza de psiquiatra no Hospital de Conxo. Pouco tempo despois de chegar ao país comezou a súa militancia no nacionalismo da man da Unión do Povo Galego (UPG). Con esta organización participaría no nacemento do BNG en 1982. Catro anos despois participaría na creación do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), unha das organizacións que en 1988 conformaría a FPG. Muntxaraz pasaría posteriormente á APU até a disolución formal desta organización a mediados da década dos 90. Recoñecido psiquiatra, en 1992 foi un dos fundadores da asociación cultural Gaiola, que pula pola visibilidade, integración dos enfermos mentais na sociedade e polos seus dereitos. 

Muntxaraz recibiu xa unha emotiva homenaxe no seu primeiro cabodano, promovida por Xan Carlos Ánsia, Pedro Alonso, Luís Gonçales Blasco, Foz, Suso Irago, entre outros.

 

Cartaz da homenaxe Dominio Público Praza Pública
Homenaxe no primeiro cabodano © Vieiros

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.