Implicadas No Desenvolvemento convoca o certame de artigos xornalísticos ‘Cambia de papel’

Dominio Público Praza Pública

A ONG Implicadas/os no Desenvolvemento convoca o Certame Xornalístico Cambia de Papel, no que poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal escrito en galego ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. O prazo para enviar os artigos remata o día 15 de maio e pódese atopar máis información en www.cambiadepapel.com.

Os artigos inéditos deben ter unha extensión de 2.500 carácteres con espazos, e o requisito para os artigos publicados en medios é que fosen publicados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 14 de maio 2012. Haberá un gañador en cada unha destas modalidades, cun premio de 500 euros para os textos inéditos (ademais da publicación do artigo nos xornais que colaboran con este certame, entre eles Praza Pública) e de 300 para os xa publicados. Os gañadores daranse a coñecer o 30 de maio.

 

 

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.