Lugo acolle o Encontro de Estudantes xitanos de Galicia

Cartaz do encontro © Fundación Secretariado Xitano

Este sábado celébrase en Lugo a oitava edición do Encontro de Estudantes xitanos e xitanas de Galicia. O seu obxectivo é xerar un espacio de reflexión para as familias e estudantes xitanos en torno á importancia da ensinanza na súa comunidade e tamén un espazo no que se poidan elaborar propostas que permitan poñer en valor e facilitar a continuidade no sistema educativo destes estudantes. O Encontro terá lugar no CEI NODUS situado na Avenida da Coruña.

As actividades comezarán ás once da mañá. Haberá exposicións de alumnos e alumnas xitanas sobre a importancia dos estudos e unha mesa de experiencias sobre "as profesións máis idealizadas". Pola tarde celebrarase un obradoiro creativo. O encontro está organizado pola Fundación Secretariado Xitano e conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo.

Cartaz do encontro © Fundación Secretariado Xitano

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.