Máis de medio milleiro de persoas, segundo estimacións da Garda Civil, desafiaron á choiva para pedir a declaración do Parque Natural do Monte Pindo. Aos berros de "Monte Pindo, parque natural" ou "queremos salvar o noso pedregal", a marcha convocada pola Asociación Monte PIndo Parque Natural percorreu os tres quilómetros que separan o Ézaro do monte en apoio desa "figura de protección e desenvolvemento sostible da zona".
A marcha contou co apoio dos alcaldes de Carnota e Dumbría, e foi secundada por destacados persoeiros da vida cultural, empresarial e política, asi como por numerosas entidades sociais de todo tipo). No remate, que coincidiu coa saída do sol logo dunha forte choiva, leuse o manifesto a prol da declaración do monte como parque natural.