Máis espazo para os porcos que para os alumnos

Alumnos e alumnas nunha aula dun ciclo formativo © Ministerio de Educación

Algunhas das críticas á reforma educativa teñen que ver co aumento dos ratios de alumnos por aula e á súa masificación. O RD 14/2012, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativoestablece no seu segundo artigo que "as Administraciones educativas poderán ampliar até un 20 por 100 o número máximo de alumnos establecido no artigo 157.1.a) da Lei Orgánica 2/2006, de Educación". É esa norma a que aínda fixa os ratios máximos de alumnos por aula, "25 para a educación primaria e 30 para a educación secundaria obrigatoria", que agora poden chegar, en virtude ao devandito RD, a 30 e 36 respectivamente.

A Lei de Educación nada di sobre o tamaño das aulas, e polo tanto sobre o espazo fisico necesario para cada alumnos e alumnas. Eses aspectos están desenvolvidos no RD 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros. Remitindo a outro decreto de 2006, que aprobaba o Código Técnico de Edificación, especifica "2 metros cuadrados por persoa en aulas infantis, 1,5 metros cadrados por persoa no resto das aulas, e 5 metros cadrados por persoa nos espazos diferentes á aulas coma laboratorios, obradoiros, ximnasios ou salas de debuxo".

Estes datos contrastan con outras disposicións ben distintas, relativas neste caso ao espazo minimo que os cortellos deben reservar para os porcos. O RD 1135/2002, no seu terceiro artigo afirma que "a superficie total de solo libre do que deberá dispoñer cada porca (...) será, cando menos, de 2,25 metros cuadrados (...) Cando os animais se críen en grupos inferiores a seis individuos, a superficie de solo libre incrementarase nun 10 por 100. Cando os animais se críen en grupos de 40 individuos ou máis, a superficie de solo libre poderá diminuir nun 10 por 100".

Alumnos e alumnas nunha aula dun ciclo formativo © Ministerio de Educación

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.