Mariñeiros do cerco pasan a Noiteboa no campamento de protesta ante a Xunta

Acampada do cerco ante a sede da Xunta © Eu apoio o cerco de Galicia

Un total de 18 mariñeiros do cerco de diversos portos de Galicia pasan Noiteboa e o día de Nadal no campamento que Acerga mantén ante a Xunta desde hai máis de dous meses en sinal de protesta pola falta de cotas para este sector.

Un total de 18 mariñeiros decidiron manter a protesta malia acordarse en asemblea a posibilidade de pasar as festas na casa

Malia que en asemblea decidiran que poderían ir a casa durante estas datas, este grupo de voluntarios decidiu seguir en San Caetano porque non queren deixar soa a acampada nin abandonar a mobilización. Durante a cea de Noiteboa, comerán marisco que foi doado por algunhas empresas coas que traballan normalmente, ademais de peixe que cociñarán no propio campamento. 

Xa o venres, na comida de Nadal, espérase unha maior afluencia de familias e nenos, onde haberá carne asadapara todos, segundo explicaron a Europa Press. Ademais, estes mariñeiros publicarán un vídeo na páxina de Facebook Eu apoio ou cerco de Galicia en Noiteboa " para felicitar o Nadal e mandar unha mensaxe de agradecemento a todos os que apoiaron as súas reivindicacións nos últimos tempos.

O vindeiro domingo ás 17 horas a compañía de teatro Airiños representará unha obra en apoio dos mariñeiros do cerco. Todo antes de que a próxima semana se leve a cabo unha nova reunión entre todo o sector do cerco na Xunta, tras o encontro desta semana na que houbo un "achegamento" entre Acerga -que avoga por unha repartición por tripulante- e Cerqueiros Galegos --que defende a actual repartición-- para que as embarcacións que non contan con historial de pesca poidan ter unha cota mínima para poder faenar.

Acampada do cerco ante a sede da Xunta © Eu apoio o cerco de Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.