Medio cento de novas para ler o 2015

CC-BY-SA Praza Pública

Remata o ano e todo se inza de listaxes. Os filmes do ano, as cancións do ano, os vídeos de gatiños máis riquiños do ano... E tamén, as novas do ano. O 2015 foi un ano informativamente apaixonante ou, cando menos, así o vivimos dende a redacción de Praza.gal. Criterios para seleccionar o máis destacado destes 365 días hai moitos, e nós decidímonos por un: mergullámonos nas estatísticas e tiramos as catro novas que a audiencia de Praza Pública visitou máis en cada un destes doce meses. Nesta escolma que, sen sabelo, realizastes as lectoras e lectores de Praza hai política, cultura, economía, movementos sociais... E, sobre todo, un pequeno retrato do que máis vos interesou, preocupou ou aledou durante o ano.

Neste percorrido informativo podedes avanzar e retroceder polas imaxes e textos de cada un dos meses e, se vos interesa, acceder á ligazón que vos levará a cada unha das informacións completas. Se vos gusta e a queredes ver ao grande, en pantalla completa, podedes premer aquí mesmoUnha pausa para coller folgos e imos co 2016. Co voso apoio fica moito por contar.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.