A Rede Robin Hood organiza na Coruña un debate sobre as relacións entre movementos sociais e partidos de esquerda, coa participación de Ana Luisa Bouza (BNG), Anton Sánchez (AGE) e Jose Angel Brandariz.
Os seus organizadores explican a oportunidade do debate "ante os constantes chamados e interpelacións que os partidos e coalicións da esquerda politica están a facer aos colectivos cidadáns, activistas de diversos movementos sociais". Por ese motivo achan necesario "discutir en primeira persoa, por sobre a mesa as propostas de cada unha das candidaturas e abrindo un fio de discusión e debate con activistas ao marxe da política de partido". E conclén: "nesta Galiza, ano cero queremos preguntarmo-nos colectivamente,… en realidade, …Hai que votalos?"
O debate, moderado polo xornalista Iago Martinez, terá lugar no Mentireiro (Beiramar, 12) ás oito da tarde e será retransmitido en streaming a través deste enlace.