Nace Irmandade TV

Logo de Irmandade TV © Irmandade TV

Este martes, 11 de Xuño, ás 21:30 nace Irmandade TV da man do programa O Debate, conducido por Aurélio Lopes. A primeira emisión analiza a quebra das caixas galegas e a estafa das preferentes. Os programas poden ser visionados cada martes a través do web www.irmandade.tv e os telespectadores poden participar no debate a través da etiqueta en Twitter #GalizaSenCaixas e a páxina en Facebook www.facebook.com/IrmandadeTV.

Irmandade TV é unha televisión galega na rede encadrada nunha liña editorial nacionalista, soberanista e de esquerdas, utilizando o galego como lingua vehicular. O programa de O Debate nace "para tratar aqueles temas que son relevantes e cruciais para o país; achegando o contexto máis amplo posíbel con aquelas persoas que teñan cuestións sensatas, importantes e clarificadoras que expor para que o telespectador saque as súas propias conclusións e decida".

O obxectivo de O Debate é "democratizar a información e utilizar as redes sociais para que o telespectador participe e opine". Irmandade TV nace coa vocación de incorporar á súa grella novos contidos e formatos: musicais, culturais, de cociña... Explorando tamén a parcería con outros colectivos e proxectos. De feito, para o programa de O Debate contan coa colaboración en parcería de www.gzvideos.info.

Logo de Irmandade TV © Irmandade TV

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.