Nace na Coruña 'Orzamentos do Pobo', un foro social participativo

A Coruña Dominio Público Praza Pública

Esquerda Unida, Os Verdes, Espazo Ecosocialista e Equo lanzan os orzamentos do pobo, un foro social alternativo e participativo que procura "fornecer o tecido asociativo coruñés e que sirva como ferramenta activa para que os coruñeses e coruñesas avancen cara o dereito a decidir sobre o que acontece o seu Concello". Estas forzas politicas, que fan parte da Alternativa Galega de Esquerda, buscan tamén que o foro sexa "semente dun foro alterntaivo para decidir entre todos e todas que Coruña do futuro e como queremos vivila e sentila".

Estas forzas politicas, que fan parte da Alternativa Galega de Esquerda, buscan tamén que o foro sexa "semente dun foro alterntaivo para decidir entre todos e todas que Coruña do futuro e como queremos vivila e sentila"

A través do foro os cidadáns e cidadás poderán "coñecer e opinar sobre os dous principais fitos da vida política municipal: as ordenanzas fiscais e os orzamentos, que afectan directamente a economía e benestar da veciñanza". Preténdese trasladar á cidadanía de maneira sinxela e clara en que consisten estes documentos e como poden influír nas nosas vidas, e tamén se explicarán as liñas mestras dos documentos que propón o goberno municipal, coa intención de abrir un debate que permita desenvolver documentos alternativos. A inminente aprobación definitiva dos orzamentos impide presentar reclamacións emanadas deste proceso aberto a toda a cidadanía. Polo tanto, preténdese confeccionar uns orzamentos alternativos para presentarlle ao goberno municipal cando presente un modificativo de crédito.

O foro terá dous ámbitos de actuación, nas redes sociais e presencialmente en Asembleas Abertas que se celebrarán nos distintos barrios da cidade. A primeira asemblea terá lugar o venres 30 as sete da tarde na Sociedade Recreativa e Instrutiva A Gaiteira, e proseguirá o luns nos Castros, o martes en Eiris, e o mércores na Universidade. Tamén están xa en marcha o perfil de Facebook e unha conta de Twitter.

Os orzamentos participativos son habituais en Brasil CC-BY Prefeitura de Olinda

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.