O Brasil érguese contra o machismo

Aplauso silencioso dos manifestantes na marcha en Rio CC-BY-SA Patricia Taro / eldiario.es

"33, 32, 31, 30, 29, 28, 27, 26...". Unha conta atrás demasiado longa repetida en diversas ocasións polos millleiros de mulleres que o pasado mércores se manifestaron na cidade de Rio de Janeiro polo fin da 'cultura do estupro' ou 'cultura da violación'. Trinta e tres foron os homes que violaron colectivamente unha moza de 16 anos, o 21 de maio, no Morro do Barão, zona oeste da cidade. Un feito que causou conmoción mundial ao ser difundido nas redes sociais polos propios agresores, pero que de ningún xeito constitúe un caso illado.

Unha muller é violada cada once minutos no Brasil, segundo as estatísticas dunha ONG que investiga a violencia no país

Perto de 50.000 violacións foron denunciadas en Brasil en 2014, aínda que o número podería ser moito maior pois a maioría non son denunciadas polas vítimas. "Quando acordei tinha 33 caras em cima de mim", berraban a modo de liturxia as manifestantes mentres descendían a Avenida Presidente Vargas rumbo á Central de Brasil. Na chamada Cidade Marabilhosa, 13 mulleres son violadas cada día; unha cada once minutos en todo o país, segundo unha estatística do Fórum Brasileiro de Segurança Pública (FBSP), unha ONG que investiga o grao de violencia no país.

A moza Maira Brum leva o seu noivo atado ao longo de toda a manifestación. Está manchado de vermello e un chapeu cobre o seu rostro. "Enquanto caminhamos gritamos-lhe coisas que normalmente nós escutamos na rua como: 'se vais assim vestida é porque queres guerra' ou 'uh, que tia boa!', e ao mesmo tempo, lhe ensuciamos de vermelho mostrando a agressão que nós sofremos dia trás dia. Também, permitimos que outras mulheres lhe ensucien e digam-lhe essas frases que tanto nos marcam", explica.

"Não me considero machista, mas posso sê-lo sem dar-me conta nas pequenas coisas. Vivo numa sociedade machista, numa família machista e como homem tenho privilégios"

Aínda que o número de mulleres é moi superior ao de homes, algúns deles tamén decidiron estar presentes neste acto contra o machismo e a violencia de xénero. "Não me considero machista, mas posso sê-lo sem dar-me conta nas pequenas coisas. Vivo numa sociedade machista, numa família machista e como homem tenho privilégios", explica un manifestante que prefire manterse no anonimato, "o que posso fazer é deconstruir o meu machismo, no meu caso, com o contacto que mantenho com amigas feministas. Hoje estou aqui convidado por elas, numa posição de ouvi-te e nunca como protagonista", engade.

Manifestante embarazada en la marcha contra la violencia machista del pasado jueves en Río de Janeiro. Se puede leer:

Colectivos feministas

"O día que eu morrín perdín o coñecemento/ fun a parar ao purgatorio, estaba moi preocupada/ era divos quen ía darme abrigo/ pero eu son pecadora ía recibir castigo [?]", cantan as mozas do colectivo feminista Mulheres de buço nunha performance funk fronte a centos de manifestantes e de fotógrafos. Cos peitos ao aire, soamente as mamilas cubertas con adhesivos de bigotes, estas mozas usan o baile funk como unha arma reivindicativa na loita polos seus dereitos. "Usamos o funk pela liberdade corporal que permite, queremos que a mulher se empodere usando o seu corpo, que possa dançar como queira", explican.

"Andar só pela rua de noite é complicado, não conheço nenhuma amiga que não sofresse algum tipo de acosso, seja de maior ou menor grau"

"Andar só pela rua de noite é complicado, não conheço nenhuma amiga que não sofresse algum tipo de acosso, seja de maior ou menor grau", relata desde a experiencia Joana Castro, unha das integrantes deste colectivo. Segundo afirma Lucia Barros, a performance tamén as fortaleceu como mulleres: "Aprendemos a dizer bem mais 'não', a não passar por alto muitas coisas, a escutar os acosos das outras e pensar em como denunciar isso".

Ademais, como moitas dos presentes, tamén devecen pola despenalización total do aborto e a reconsideración do nomeamento da ex deputada federal Fátima Pelaes, fervorosa antiabortista mesmo en casos de violación, á fronte da Secretaria de Políticas para Mulheres polo Goberno interino de Michel Temer. A lei 12.845/13, sancionada pola expresidenta Dilma Rousseff, recoñece a interrupción do embarazo en mulleres vítimas de violencia sexual; hoxe cuestionada polo Proxecto de Lei 5069/2013.

Fátima Pelaes, fervorosa antiabortista mesmo en casos de violación, vén de ser nomeada á fronte da Secretaria de Políticas para Mulheres

Outras mulleres locen un lazo vermello atado ao brazo, levan escrito un número de teléfono na pel e van repartindo chifres e carteis nos que pode lerlle: "Tem um machista aqui". Trátase doutro grupo feminista de autodefensa que, a través dunha comisión de seguridade, busca garantir o benestar de todas as manifestantes. "Se alguma está com qualquer problema ou há alguma provocação machista, como já sucedeu noutras manifestações feministas em Rio, identificaríamos pelos cartazes ou o ruído dos apitos e tentaríamos resolvê-lo", aclaran. O número de teléfono pertence a unha avogada feminista.

En menos de dous meses, Rio de Janeiro converterase na próxima sede duns polémicos Xogos Olímpicos, tanto pola incidencia do virus zika como pola sistemática violación de dereitos humanos. Miles de turistas cruzarán o océano Atlántico atraídos polo deporte, pero tamén pola enerxía desta cidade repleta de outeiros ('morros'), praias inmensas e música ao vivo. Moitas desas turistas serán mulleres. "Os homens de aqui têm a cultura de ver-nos como objectos. Pensam que podem achegar-se e invadir o teu espaço, tocar-te... eu digo às mulheres que não agachem a cabeça face a nenhum homem, que não aceitem nenhuma ofensa", conclúe a manifestante Grazielly da Costa Dantas.

Manifestante na manifestación feminista en Rio CC-BY-SA Patricia Taro / eldiario.es

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.