O Comité Cidadán valora "positivamente" a visita dos europarlamentarios para analizar o problema de Reganosa

Os membros da Delegación do Parlamento Europeo ante as instalacións de Reganosa Dominio Público Comite Cidadán

A delegación do Parlamento Europeo percorreu este mércores a ría de Ferrol acompañada de representandes do Comité Cidadán de Emerxencia e das Confrarias. Os parlamentarios inspeccionaron in situ a instalación da planta de gas e a ensenada da Gándara. O Comité Cidadán valorou "positivamente" a visita, "a pesar dos anos transcorridos desde Novembro de 2001 cando una representación do CCE se despalzou a Bruselas" e entregoulle ao presidente da Comisión un dossier informativo a partir do que fará unha nova ampliación da denuncia ante a Comisión de Peticións, demandando o peche de Reganosa.

Fronte ás instalacións de planta de gas, os membros do CCE (Manuel Rodríguez Carballeira, coordinador, Luz Marina Torrente, da A. VV de Mehá, Humberto Fidalgo, de ADEGA, e Bernardo Bastida, ex patrón maior da Confraría de Ferrol) denunciaron "a situación de ilegalidade da planta tras a sentenza do Supremo, a perigosidade da mesma, a ameaza que supón para a cidadanía, o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade". Tamén lles expuxeron aos membros da delegación que a planta é "innecesaria", que a media de produción está sobre o 30%, e que ten un custe para os cidadáns de perto de 60 millóns de euros o ano.

O Comite Cidadán salienta que "os membros da Delegación quedaron abraiados ante o que viron, e mesmo na reunión chegaron a preguntar se non había alguén procesado diante de tal barbaridade, preguntaron polo tema da seguridade e como fora posible tamaño dislate, estando presente a delegación da Xunta de Galicia".

Os membros da Delegación do Parlamento Europeo ante as instalacións de Reganosa Dominio Público Comite Cidadán
Protesta de membros do Comité Cidadán Dominio Público CCE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.