O obxectivo da campaña Móllate polo galego é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico. A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega Vitaminas para o Galego, formada por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta e na que ademais colaboran outra vintena de medios.
O obxectivo da campaña Móllate polo galego é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego
A campaña presentarase este mércores 12 de setembro ás doce do mediodía, coa participacións de Tonhito de Poi, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora en Vitaminas para o galego.
Vitaminas para o galego
A plataforma parte da idea de que o idioma galego necesita vitaminas, a lingua galega precisa de axudas e entre os seus apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do Noroeste da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar.
Vitaminas para o Galego está formada por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta; ademais colaboran Certo, Osil.info, Crónica3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise, O periódico de Lalín e Comarca, Hermes e Atenea, Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo, Vencello, Cartafol, A Nova Peneira, Plástico Elástico, Revista Kubus, Compas da Costa, Ábrete de Orellas, Televinte Chantada e Fervenzas Literarias.