"O endurecemento da Lei de Estranxeiría é unha violación dos dereitos humanos"

Asemblea do Foro Galego de Inmigración, celebrada hai uns meses en Ferrol CC-BY-SA Foro Galego da Inmigración

O Foro Galego de Inmigración celebrou esta fin de semana na Coruña a súa VII asemblea, reivindicando o seu claro rexeitamento ao endurecemento da Lei de Estranxeiría, por supor "a imposibilidade de acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa". Tal e como a agrupación asegurou nun comunicado, a decisión do Goberno de esixir máis requisitos, a maiores do empadroamento, para ter dereito á tarxeta sanitaria "é unha flagrante violación dos dereitos humanos por unha banda, por outra da Carta Europea de Dereitos Sanitarios e ademáis é  unha decisión terriblemente inxusta".

Segundo o Foro, esta decisión supón "pechar na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade". "É unha decisión de terrible inxustiza porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea". 

Do mesmo xeito, aclara que a medida é" unha exclusión intolerable e perigosa para a vida destas persoas, dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade". O Foro celebrou tamén unha manifestación na Coruña, protestando contra o endurecemento desta Lei de Estranxeiría. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.