O Goberno prohibe a manifestación convocada en Melide contra as fumigacións

Imaxe creada pola plataforma © Praza Pública

A Delegación do Goberno en Galicia non autorizou a manifestación convocada pola Plataforma contra as Fumigacións para este domingo en Melide. Segundo a propia Plataforma, a Delegación "seguramente preocupada pola incidencia dun acto molesto para os plans da Xunta e das empresas responsables das fumigacións" decidiu aplicar o prazo mínimo de solicitude, entendendo que non hai motivos que xustifiquen a urxencia da convocatoria.

Mesmo así, os convocantes decidiron manter a foliada reivindicativa que tamén estaba previsto realizar, a partir das once da mañá na Praza do Convento de Melide

Mesmo así, os convocantes decidiron manter a foliada reivindicativa que tamén estaba previsto realizar, a partir das once da mañá na Praza do Convento de Melide.

A Plataforma presentou o mércores unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente e a campaña iniciada nas redes sociais e en actuable para deter o plan da Xunta e a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón para fumigar as plantacións de eucaliptos dende o aire cun produto prohibido pola UE superou xa as seis mil adhesións.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.