O Partido da Terra asume as propostas de acción política fronte á fin do petróleo

Documento do Partido da Terra CC-BY-NC PT

Antes do comezo da campaña electoral o colectivo Véspera de Nada elaborou un documento para presentarlles ás distintas formacións politicas e no que lles pedia que no caso de gobernar tomasen medidas para que Galicia se preparase para un escenario futuro de escaseza e prezos moito máis elevados dos combustibles.

Nos últimos días recibiron a súa primeira resposta, procedente do Partido da Terra, que asume os obxectivos propostos e engade algunhas emendas. O Partido da Terra fai fincapé en que "as propostas apresentadas, mais instrumentais umas, mais finalistas outras, não devem procurar uma alter-sociedade fabril dirigida e minorizada, mas a consecução de sociedades responsáveis, sustentáveis, autogeridas e, portanto, democráticas".

Véspera de Nada agarda "que nos vindeiros días cheguen boas noticias dos outros partidos políticos que recibiron o noso documento e que haxa máis forzas que asuman a crúa realidade enerxética que está a comezar para o noso país e que deixen de basear as súas ofertas electorais en modelos socioeconómicos xa fisicamente inviables".

Documento do Partido da Terra CC-BY-NC PT

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.