O PSdeG denuncia que a Xunta "confía na chuvia" a súa política contra os lumes forestais

Reunión da Comisión de Seguimento dos Lumes © PSdeG-PSOE

Este luns constituíuse na sede nacional do PSdeG-PSOE a Comisión de Seguimento dos Lumes, formada por ONGs conservacionistas, sindicatos agrarios e representantes organizativos e locais do PSdeG. Esta comisión constitúese tódolos anos para facer avaliación e seguimento puntual da campaña contra os lumes forestais no verán, con xuntanzas periódicas mensuais, ás que se engaden outras convocatorias nos momentos de maior incidencia do lume.

Os lumes son cada vez máis duradeiros "porque a política de desmantelamento dos centros de vixilancia evitan a alerta temperá, ecando se detectan os lumes, xa está en condicións de difícil extinción"

Carmen Gallego, coordinadora desta Comisión de Seguimento dos Lumes, denunciou a “falla absoluta de prevención” por parte da Xunta en materia de política contra incendios. A comisión tamén denunciou o “recorte dos medios humanos e materiais” para a loita contra o lume e salientou que os lumes son cada vez máis duradeiros, "porque a política de desmantelamento dos centros de vixilancia evitan a alerta temperá, e, cando se detectan os lumes, xa está en condicións de difícil extinción". A Xunta, concluíu Gallego, ten a política contra o lume baseada na “chuvia, que é a que apaga os lumes”.

A Xunta, concluíu Gallego, ten a política contra o lume baseada na “chuvia, que é a que apaga os lumes”

Carmen Gallego chamou a atención tamén sobre a “novidade” desta tempada de lumes, consistente en que a Xunta manifestou a intención de asinar cos concellos convenios para o financiamento de brigadas. Gallego lembrou que os concellos non teñen competencias en materia de extinción de incendios: “poden colaborar, pero non asumir responsabilidades” e salientou que esta partida orzamentaria para brigadas municipais “non incrementa os recursos” para a loita contra o lume: “detráense de partidas de Medio Rural para substituír o diñeiro que poñía antes o conselleiro Rueda nos GRUMIR, agora desmantelados”.

Reunión da Comisión de Seguimento dos Lumes © PSdeG-PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.