O psiquiátrico de Toén podería acoller un hospital de crónicos dunha cooperativa sanitaria

O hospital de Toén Dominio Público Praza Pública

O 16 de xaneiro do pasado ano o hospital psiquiátrico de Toén pechaba as súas portas despois de décadas de actividade e os seus pacientes eran trasladados ao Hospital de Piñor. As amplas instalacións do centro de Toén ficaban baleiras e inutilizadas. Esta semana o Sergas anunciaba que estaba negociando a posta en marcha dun hospital de crónicos no lugar que xestionar a a a cooperativa Hogares geriátricos gallegos. 

Sexa este o destino do centro ou non, as críticas que se iniciaran co peche do hospital de Toén mantéñense un ano despois. A Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense segue denunciando o que entenden que foi "un desafiuzamento sen hipotecas" e “o maior atentado contra a sanidade pública ourensá”.

Pro Sanidade Digna salienta "as vantaxes que ofrecían as instalaciónes de Toén, amplias e luminosas, con cociña in situ, zonas verdes e tranquilas". A asociación afirma que o cambio se enmarcou nun "modelo neoliberal que xera o desastre co único fin de substituir benestar por beneficio" e equipárao ao modelo Alcira de Valencia.

O hospital de Toén Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.