"O que non van contar na TV sobre o xuízo a catro independentistas"

Un momento do video CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

Galiza Contrainfo publica unha videorreportaxe sobre o proceso que xulgará este 24 e 25 de xuño na Audiencia Nacional a Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues Antom Santos e Maria Osório por presunta pertenza a unha organización terrorista. O vídeo foi estreado este martes ás oito da tarde, na rede e en varios centros sociais de todo o país, e nel interveñen familiares dalgún deles (a nai de Eduardo Vigo ou o pai de Antom Santos) e representantes de Esculca ou Ceivar. O presidente de Esculca, Fernando Arce, fala sobre "dereitos humanos, estado de excepción e a (i)legalidade vixente".

A videorreportaxe titulada O que non van contar na TV sobre o xuizo a catro independentistas galeg@s. Testemuñas da excepción denuncia "a situación dos presos políticos galegos, a vulneración dos seus dereitos e os das súas familias coa dispersión imposta, baixo a lexislación antiterrorista e coa criminalización dos medios de comunicación hexemónicos"

Un momento do video CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.