O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite a queixa da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas (GMST) contra a Deputación Provincial de Pontevedra por non facer pública a relación de subsidios que a institución otorga a "grupúsculos taurinos" e á propia organización dos festexos durante o mes de agosto, segundo vén de anunciar a propia organización.
O Valedor admite a trámite a queixa de Galicia Mellor Sen Touradas contra a Deputación por non aclarar os subsidios que dá aos "grupúsculos taurinos"
GMST rexistrou o pasado 4 de agosto un escrito no que advertía da "falta de respostas da institución que dirixe Rafael Louzán respecto das solicitudes formuladas por cidadáns e colectivos abolicionistas", indicando ademais que esta situación de "falta de transparencia" xeraba un contexto de “desconfianza” entre a propia cidadanía e as administracións públicas.
Os abolicionistas pedían na súa queixa ao Alto Comisionado o inicio do expediente que permitíra crear unha situación de “transparencia” que facilitara "o destino real das peticións de información". O Valedor do Pobo require agora á Deputación a información necesaria para a comprobación das circunstancias mencionadas na queixa, a falta de resposta ás peticións e demais datos relevantes para a resolución do expediente. Louzán ten quince días para respostar.
A Deputación da Coruña xa tivo que remitir ao Alto Comisionado a relación completa dos subsidios a unha peña taurina
GMST lembra que hai un precedente semellante. A Deputación da Coruña tivo que remitir ao Valedor unha relación completa dos subsidios que otorgou a unha peña taurina da provincia durante o período de tempo solicitado polos propios abolicionistas. Grazas á intervención do Alto Comisionado, a plataforma "puido coñecer por primeira vez e de primeira man que subvencións foron xustificadas e cales non, co que o propio grupúsculo taurino foi incapaz de recibir determinados fondos".
A plataforma non destacar novas queixas ao Valedor para "coñecer se os cargos institucionais pagan as súas entradas aos palcos"
Dende a alianza galega non descartan remitir novas queixas para "coñecer se os cargos institucionais pagan as súas entradas aos palcos ou, polo contrario, é o conxunto dos pontevedreses os que financian os gustos persoais dos políticos".