Os concellos do norte critican que a conselleira se negase a ir á xuntanza polo tren Ferrol-Ribadeo

O FEVE, nun momento do seu percorrido CC-BY-NC-ND Sergey Yeliseev

12 alcaldes, alcaldesas e tenentes de alcalde de Ferrol, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Ortigueira, Cariño, Valdoviño, Cedeira, Ribadeo, Burela e Viveiro euníronse este venres con representantes de Renfe, que os convocara no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Estes concellos levan 18 meses denunciando denunciando ante Renfe e o Goberno galego a situación de abandono do servizo de transporte ferroviario da liña Ferrol a Ribadeo.

“É unha falla de respecto institucional absoluto a un problema tan grave co grao de deterioro que presenta a liña Ferrol-Ribadeo, e mesmo recoñecido por eles desde o inicio”, sinala Beatriz Bascoy, alcaldesa de Moeche

Porén os e as rexedoras manifestaron a súa "decepción" polo "inconcreto resultado da xuntanza" e, sobre todo, o seu "malestar" pola ausencia na reunión da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que fora igualmente convocada e de todos os alcaldes do PP, tamén convidados. Na xuntanza, á que asistiron tres representantes de Renfe, si participou o director xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas.

“É unha falla de respecto institucional absoluto a un problema tan grave co grao de deterioro que presenta a liña Ferrol-Ribadeo, e mesmo recoñecido por eles desde o inicio”, sinala Beatriz Bascoy, alcaldesa de Moeche, que fixo as veces de voceira. “Sentímonos defraudados e entendemos que se nos está a tomar o pelo”, engadiu. Os doce concellos destacan o contraste do sucedido este venres "coa presenza a comezos deste mesmo mes de outubro do ministro de Fomento en Asturias, acompañando á conselleira rexional, e ofertando 275 millóns de euros para a mellora do servizo de cercanías no Principado".

Os alcaldes explican que na xuntanza do venres, Renfe limitouse a relatar o que se leva feito desde o mes de xuño: renovación de asentos, pintado da estación e colocación de máquinas. "Iso estaría moi ben se as máquinas funcionasen, pero non funcionan. Cómpre lembrar que esta semana entraron en taller tres máquinas desta liña. Por moito que adecúen horarios, se os trens fallan non facemos nada”, sinalaba Bascoy.

Os rexedores pídenlle á Xunta "que non se comporte como un goberno ausente e que se faga respectar no Estado, cunha aposta decidida polo transporte público e ferroviario que lle corresponde ao norte de Galicia no século XXI"

Na xuntanza deste venres si se acordou crear unha comisión técnica de traballo que estará integrada por un representante da Xunta, representantes de Renfe, o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade de Ferrol, María Fernández Lemos. "Poderemos avanzar en detalles de horarios e ampliación de percorridos, ben necesarios, mais o problema de fondo é que se Renfe e o Goberno galego non cren nesta parte do territorio, non facemos nada e o tempo transcorrido sen avanzar así o indica”, conclúen. Os rexedores pídenlle á Xunta "que non se comporte como un goberno ausente e que se faga respectar no Estado, cunha aposta decidida polo transporte público e ferroviario que lle corresponde ao norte de Galicia no século XXI".

 

Tren FEVE nunha liña de ferrocarril galega © Pola defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.