Xunto á documentación para formalizar a matrícula na etapa de Educación Infantil, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria envía unha enquisa na cal se pregunta pola lingua materna do neno ou da nena. As dúas opcións que se ofrecen son castelán ou galego. O resultado da devandita enquisa establece a lingua que se vai empregar na aula durante os tres cursos da etapa de Educación Infantil.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recoméndalles aos pais que escollan a opción de galego por varios motivos:
- Porque necesitan competencia nas dúas linguas para poderen no futuro decidir cal queren usar.
- Porque é un momento decisivo na súa aprendizaxe e deben saber que o galego é tamén unha das linguas da escola.
- Porque mellorarán a competencia en castelán e noutras linguas.
- Porque chegarán con mellor preparación ao ensino primario.
- Porque poñerán en valor o que lles pertence como galegas e galegos.
- Porque renunciar a que o galego forme parte do ensino infantil, supón perder a oportunidade de ir integrándoo de xeito natural e sen ningunha dificultade