A Asociación de Hospitales Privados de Galicia (Ahospgal) presentouse hai uns días co obxectivo de facer visible a súa forza e presionar o Goberno galego para que faga estables os acordos e convenios polos que a Xunta lles paga a estes centros privados pola prestación de servizos sanitarios. Ahospgal agrupa doce hospitais e en conxunto a sanidade privada move xa 740 millóns de euros anuais en Galicia. Os recortes que están afectando aos centros públicos están provocando unha degradación do servizo e un aumento, por exemplo, das listas de espera. Os centros privados pretenden aproveitar esta situación para ir ocupando gradualmente estas funcións, iso si, recibindo fondos do Estado. De feito, xa na actualidade un 47% dos seus pacientes proceden do Sergas.
Un destes hospitais privados con concerto coa Xunta é Povisa, onde as lista de espera chegan aos seis meses. O feito de que o centro vigués supoña unha verdadeira rémora para o conxunto do sistema levou a actual dirección do Sergas a desagregar os seus datos, presentando dous cómputos xerais de listas de agarda, unha "con Povisa" e outra "sen Povisa". Así, no último dato dispoñible, correspondente ao pasado 31 de marzo, o tempo medio de espera cirúrxica en toda a sanidade pública galega era de 82,2 días. "Sen Povisa" esta cifra rebáixase a 64,2 días, porque no hospital privado-concertado agárdase por unha operación ata 185,4 días.
Os centros privados pretenden aproveitar esta situación para ir ocupando gradualmente estas funcións, iso si, recibindo fondos do Estado. De feito, xa na actualidade un 47% dos seus pacientes proceden do Sergas
Ahospgal presentou un informe titulado Sanidad Privada en Galicia: importancia y áreas de colaboración con la Administración, no que pide “a firma de acordos estables entre o Servizo Galego de Saúde e os nosos hospitais para a redución dos tempos de espera. Acordos que lles aseguren aos nosos centros unha actividade regular predecible, de forma que poidan manterse no tempo estruturas estables e sostibles”. A entidade afirma que a actividade que se realiza nos centros de Ahospgal supón un aforro anual para o Sergas de 482 millóns de euros
Propoñen "realizar a atención nos nosos centros de todos os procesos derivados dos accidentes laborais ou de tráfico, as patoloxías crónicas e os pacientes sociosanitarios
Propoñen, igualmente, "realizar a atención nos nosos centros de todos os procesos derivados dos accidentes laborais ou de tráfico, as patoloxías crónicas e os pacientes sociosanitarios, segundo a nosa variada carteira de servizos" pois deste xeito "liberaríase de importantes lastres aos hospitais do Sergas". O presidente de Ahospgal, Justo Jorge, afirmou que “resulta inxusto e contraproducente para o SNS que se desacredite ao sector privado, en base a unha suposta ineficiencia social derivada do ánimo de lucro, e non se avalie o uso que dos recursos públicos se fai no ámbito das distintas administracións”.
12 hospitais privados
A Ahospgal está formada por doce centros: Grupo Hospitalario Modelo, Instituto Médico Quirúrgico San Rafael, G.H. Quirón-USP Santa Teresa, Hospital Nuestra Señora de Fátima, Instituto Policlínico La Rosaleda, Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, Cooperativa Sanitaria de Galicia (CO.SA.GA), Centro Médico El Carmen, Policlínico Lucense (POLUSA), Hospital Miguel Domínguez, Hospital POVISA e Hospital Nuestra Señora de la Esperanza.
En total, o sector da sanidade privada en Galicia está composto por 5.841 empresas, cuxa facturación conxunta aproxímase aos 740 millóns de euros
En total, o sector da sanidade privada en Galicia está composto por 5.841 empresas, cuxa facturación conxunta aproxímase aos 740 millóns de euros e que xeran uns 10.400 postos de traballo directos. No seu conxunto, a súa facturación equivale a un 1,3% do PIB autonómico. Supoñen case o 35% dos hospitais existentes en Galicia e o 17% das camas hospitalarias dispoñibles. Ademáis, un 47% dos pacientes que atenden pertencen ao Sergas.