Piden que as baixas do Hospital de Burela se cubran cos traballadores das listas de contratación

Hospital da Costa, en Burela © vieiros.com

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa denuncia "as prácticas irregulares postas en marcha pola Dirección de Enfermaría" para cubrir vacacións e demais ausencias do cadro de persoal, con parte do persoal fixo, "a pesar de existir profesionais titulados dispoñibles nas listaxes de contratación". 

Nun comunicado, defende o dereito de tódolos traballadores a dispoñer dun período de vacacións de un mes ao ano, dunha xornada regulada que non supere as 37,5 horas, que permita o descanso das traballadoras e traballadores entre quenda e quenda a fin de ofrecer unha atención óptima e de calidade, "ao igual que defendemos un salario digno pola prestación dos devanditos servizos". Lembran que a Acordo de Concertación Social recolle a liquidación económica dos excesos de xornada unicamente en situacións especiais e só para persoal eventual, non fixo.

Denuncian que esta diminución de traballadores na sanidade pública ocasiona "sobrecarga asistencial, menos calidade nos coidados" e a obriga de que os acompañantes coiden forzosamente aos enfermos

Segundo a Xunta de Persoal, estas prácticas "teñen como consecuencia o incremento do desemprego na comarca". Neste senso, denuncian que dende a chegada do novo equipo de Dirección ao hospital, no ano 2010, a contratación de persoal foi diminuíndo dende as 35 enfermeiras e enfermeiros contratadas en 2009 para cubrir as ausencias por vacacións do persoal de cadro a contratarse coa actual Xerencia actual a tan só 13 enfermeiras para cubrir as mesmas necesidades. Así mesmo, cren que esta diminución de traballadores na sanidade pública ocasiona "sobrecarga asistencial, menos calidade nos coidados" e a obriga de que os acompañantes coiden forzosamente aos enfermos.

Hospital da Costa, en Burela © vieiros.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.