Pídenlle ao Fiscal Xeral de Galicia que abra dilixencias contra Reganosa

A planta de Reganosa, a uns centos de metros do núcleo urbano de Mugardos CC-BY-NC-ND Xoán Porto

Unha representación do Comité Cidadán da Ría de Ferrol, acompañada pola Deputada de AGE Yolanda Díaz, mantivo este luns un encontro co Fiscal Xeral de Galicia sobre a planta de gas de Reganosa. O Comité denunciou ante Carlos Varela "a situación de ilegalidade reafirmada tras a sentenza doTribunal Supremo", e salientou "a perigosidade" da planta e "a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade".

Na xuntanza solicitaron que abrise dilixencias para investigar a presunta falsidade documental que os socios promotores da regasificadora achegaron para que lles fose concedida a Autorización Administrativa e outras actuacións do grupo Tojeiro que consideran fraudulentas

Na xuntanza solicitaron que abrise dilixencias para investigar a presunta falsidade documental que os socios promotores da regasificadora achegaron para que lles fose concedida a Autorización Administrativa e outras actuacións do grupo Tojeiro que consideran fraudulentas. Tamén lle demandaron á Fiscalía que "dada a situación de evidente ilegalidade, perigosidade e dano medioambiental inicie actuacións encamiñadas á suspensión da actividade de Reganosa".

Tamén denunciaron "o proceso de destrucción da Ría de Ferrol como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico", e o recheo "ilegal" no que se asenta Reganosa. Os representantes do Comité Cidadán incidion no custe que ten a planta de gas para os cidadáns, ao redor de 60 millons de euros ao ano, debido a que Reganosa é unha instalación deficitaria, cunha media de produción sobre o 30% da súa capacidade.

O Comité Cidadán da Ría de Ferrol pon o foco sobre o grupo Tojeiro, principal socio de Reganosa e "o gran beneficiario da operación". Lembra que no ano 2001 Tojeiro (Forestal del Atlántico, Gadisa…) vendeulles aos outros socios de Reganosa os terreos donde se ia a instalar a planta, polos que obtivo unhas plusvalías de máis de 5 millóns de euros e cedeu parte dunha concesión portuaria por 23 millóns de euros. Neste senso solicítanlle á Fiscalía que investigue como foi utilizada e quen foron os destinatarios dunha partida de 2.355.967,45 de euros que o grupo Tojeiro utilizou no que o propio grupo denominou “ traballos levados a cabo para á venda de terreos” e pola cal a Axencia Tributaria xa abriu un expediente a Forestal del Atlántico.

A planta de Reganosa, a uns centos de metros do núcleo urbano de Mugardos CC-BY-NC-ND Xoán Porto

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.