Doafund.com é unha web posta en marcha por dous galegos co obxectivo que axudar a pagar as cotas hipotecarias de persoas con dificultades económicas para así evitar que as entidades bancarias poñan en marcha os procesos de desafiuzamento dos seus inmobles. O seu creador, Fernando Sierra García, afirma que “o modelo tradicional de ONG está atopando problemas de financiamento debido á súa dependencia de fondos públicos".
A través da páxina, unha persoa, entidade ou empresa escolle unha persoa ou familia, da súa cidade ou de calquera punto do Estado, e accede a "patrocinar" as súas cotas mensuais evitando que sexa desaloxada da súa casa
O procedemento é novidoso neste senso. A través da páxina, unha persoa, entidade ou empresa escolle unha persoa ou familia, da súa cidade ou de calquera punto do Estado, e accede a "patrocinar" as súas cotas mensuais evitando que sexa desaloxada da súa casa. En Galicia leváronse a cabo máis de 3.000 desafiuzamentos no que vai de ano, o triplo que no mesmo período de 2011, segundo indica o último informe publicado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). As provincias máis afectadas durante o primeiro semestre dese ano son Pontevedra (1.257 desafiuzamentos) e A Coruña (1.168), seguidas de Lugo (326) e Ourense (286).
Doafund efectúa o pago íntegro, ingresando o 100% das axudas conseguidas na entidade correspondente, que lle cede unha porcentaxe do recibido ao proxecto, permitindo que sexa sustentable.