Protesta dos traballadores de FIMO, que levan sete meses sen cobrar

Protesta dos traballadores ante o Concello de Ferrol Dominio Público Susete

Os empregados do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol concentráronse este martes diante do Concello de Ferrol para facer público o seu conflito laboral, e o feito de levar sete meses sen cobrar. 

O Concello de Ferrol posúe o 45% do accionariado de FIMO, e o 55% é propiedade da Cámara de Comercio. A Cámara de Comercio leva dous anos sen achegar cartos e o Concello aínda non o fixo neste 2013.

Os traballadores denuncian a privatización das feiras, que -aseguran- serían rendibles para poder paliar a actual situación que padecen. Ademais das débedas cos traballadores e traballadoras en activo, FIMO ten que facer fronte a tres sentenzas xudiciais perdidas a favor de tres dos cinco despedidos da entidade.

Protesta dos traballadores ante o Concello de Ferrol Dominio Público Susete

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.