PSdeG, AGE e BNG comprométense a loitar xuntos no Parlamento pola sanidade pública

Xuntanza dos representantes de SOS Sanidade Pública cos grupos da oposición © PSdeG-PSOE

Representantes da Plataforma SOS Sanidade Pública reuníronse esta tarde cos membros dos tres Grupos Parlamentarios na oposición para establecer canles de colaboración “para entre todos loitar por manter a sanidade pública contra os constantes ataques do Partido Popular e as súas políticas agresoras”.

A Plataforma pediu que se retome a ILP e que se suprima a Lei de Garantías dos tempos máximos de espera, que cualifican de “lei trampa”

A Plataforma pediu que se retome a ILP e que se suprima a Lei de Garantías dos tempos máximos de espera, que cualifican de “lei trampa”. Na súa opinión supón unha “privatización descarada por Lei” da sanidade pública pois esta norma establece a derivación dos pacientes á sanidade concertada en función das esperas “cando descoñecemos os datos reais das esperas sanitarias” pola opacidade da Xunta. Así mesmo presentaron un total de dezaseis propostas co obxectivo de evitar a degradación e a privatizacións da sanidade publicar. Os representantes sanitarios subliñaron ademais a necesidade de informar a toda a cidadanía do que significa realmente a libre elección de hospital, xa que aseguran o que fai e favorecer a libre competencia e polo tanto ao sector privado.

No encontro salientouse a necesidade de recuperar a capacidade orzamentaria na sanidade pública así como mellorar o plan de atención privada, agora mesmo paralizado. Os representantes da Plataforma fixeron especial fincapé na zona sur do país, que aseguran é a máis afectada na actualidade e onde a situación da sanidade pública está a sufrir dun xeito máis evidente.

Xuntanza dos representantes de SOS Sanidade Pública cos grupos da oposición © PSdeG-PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.