Queres medios en galego?

CC-BY-SA Praza Pública

A Fundación Praza Pública, que edita Praza.com, é unha fundación galega sen animo de lucro cuxo principal ingreso económico son as achegas dos máis de 350 doadores que no primeiro ano de vida fixeron posible Praza.

Levamos case 11 meses informando todos os días sobre o que outros medios ocultan ou minimizan, sendo críticos cos grandes poderes e molestos para moitos. Levamos 11 meses dándolle voz a moitas persoas e colectivos que cada vez atopan menos altofalantes nun escenario non que moitos e bos medios de comunicación foron desaparecendo.

Para que poidamos seguir facendo este traballo e facéndoo con independencia necesitamos incrementar e estabilizar os nosos ingresos económicos. Por iso animámoste a apoiar a continuidade de Praza Pública, ben a través dunha achega periódica a partir de 10 euros ao mes, ben a través da inserción de publicidade a partir de 50 euros ao mes. 

Co obxecto de poder continuar realizando un xornalismo diario en galego que entendemos de calidade e plural, imos lanzar unha campaña de bonos de axuda de 10 euros que levan de agasallo unha camiseta co lema Quero medios amigos, plurais e en galego.

 

Onde mercar os bonos e as camisetas?

Lugo  
A Cova da Terra Rúa das Noreas, 12
Compostela  
Como Pez en el Agua Rúa de San Pedro, 79, baixo
Libraría de Mulleres Lila de Lilith Rúa Travesa nº 7
Ames  
A solaina das grandes mulleres Rúa Ameneiral 12, baixo 2.
Bertamiráns

Estes son os establecementos comerciais e entidades que xa confirmaron a súa colaboración. En breve iremos engadindo outros nomes e novas vilas e cidades.

De igual xeito as persoas que non atopen un punto de distribución próximo poden solicitar recibir as camisetas por correo postal dirixíndose ao enderezo electrónico antes referido.Os comercios que queiran participar na distribución das camisolas poden solicitalo no enderezo comunidade@praza.com.

Queremos agradecer a colaboración de Ográfico polo deseño das camisetas e de Disergal pola súa produción.

 

 

Dominio Público Praza Pública
Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.