Reboredo sae do cárcere ao acadar o terceiro grao

David Reboredo, no reencontro coa súa familia este luns pola mañá CC-BY-NC Cristian López

David Reboredo saiu esta mañá da prisión da Lama. Vén de serlle concedido o terceiro grao e mentres agarda pola concesión dun segundo indulto que elimine definitivamente a súa pena, permanecerá en liberdade, aínda que terá que pasar as noites no Centro de Inserción Social (CIS) de Vigo. O venres pasado o Consello de Ministros atendeu a solicitude para indultar a Reboredo nunha das súas dúas penas de cárcere. O venres pasado Praza xa adiantaba que ao longo desta semana se sabería se se lle concedía o terceiro grao a David Reboredo, ingresará á 16:30 horas no CIS, situado na Avenida de Madrid.

É probable que o novo indulto chegue nas vindeiras semanas, cando o Consello de Ministros reciba o informe do tribunal sentenciador. Porén, David Reboredo poedrá agardar pola súa liberdade definitiva fóra da cadea e en contacto coa súa familia

A finais de xaneiro, como tamén informou Cristian López en Praza, a xunta de tratamento do cárcere pontevedrés propuxo que se lle outorgase o terceiro grao penintenciario, petición que lle foi enviada á Secretaría Xeral de Institucións Penais, en Madrid, que tiña que ratificar a solicitude. Xa nese momento calculábase que a resposta do órgano, dependente do Ministerio do Interior, tardaría entre mes e medio e dous meses en ser comunicada. E, efectivamente, algo menos de dous meses despois este terceiro grao vén de serlle concedido a Reboredo, a través dunha fórmula mixta de "segundo grao que funciona como terceiro", como explica o seu avogado.

David ten aínda pendente a primeira condena de 2007, rebaixada polo Tribunal Supremo a dous anos de cárcere. É probable que o novo indulto chegue nas vindeiras semanas, cando o Consello de Ministros reciba o informe do tribunal sentenciador. Porén, David Reboredo poedrá agardar pola súa liberdade definitiva fóra da cadea e en contacto coa súa familia.

David Reboredo pasará as noites no Centro de Inserción Social (CIS) de Vigo Carmen Avendaño

Que significa a obtención do terceiro grao? Neste réxime penintenciario, o preso debe xustificar as horas que non pasa entre reixas e o propio Reboredo indiáralle en xaneiro á xunta cales serían as súas ocupacións. Á espera de que se concreten os detalles, David Reboredo pasaría as noites no Centro de Inserción Social (CIS) de Vigo Carmen Avendaño, mentres que o día o repartiría entre o programa PFIS, da organización Érguete fundada precisamente por Avendaño, e o centro Imán-Cedro, onde viña exercendo como interlocutor para a desintoxicación doutros drogodependentes antes da súa condena. David podería durmir as fins de semana no seu domicilio familiar, que se atopa por outra banda moi preto do CIS. Porén, estes aspectos aínda non foron totalmente concretados.

O seu bo comportamento e a súa desintoxicación probada no módulo seis da Lama, un dos módulos de convivencia, así como a súa participación activa na radio da prisión, entre outros proxectos, sumaron puntos para que obteña a semiliberdade. Tamén se tivo en conta, como lembrou esta mesma mañá o seu avogado, a masiva campaña de apoio que dende hai meses veñen realizando a súa familia e distintos colectivos.

David Reboredo, no reencontro coa súa familia este luns pola mañá CC-BY-NC Cristian López

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.