Sarria protestará contra as touradas o 23 de xuño

Cartaz da manifestación Dominio Público Plataforma Sarria libre de touradas

Unha manifestación convocada pola Plataforma Sarria Libre de Touradas denunciará o vindeiro 23 de xuño a inclusión deste espectáculo no programa das festas de San Xoán. A concentración celebrarase ao lado do Pavillón novo (Rúa Castelao), lugar onde se instalará a praza móbil. O pasado ano xa houbo unha protesta semellante polo financiamento público dos festexos taurinos por parte do Concello. Este ano, denuncian, "o Concello vai máis aló e propón un encerro taurino, unha carpa andaluza e un concurso de traxes de sevillana, ademáis da tourada".

A plataforma presentou recentemente un manifesto que denuncia que "estas actividades que non fan máis que luxar os festexos do San Xoán na nosa vila" e esixelle ao goberno municipal "a retirada de calquera tipo de subvención, colaboración ou patrocinio con esta actividade". Nos vindeiros días a plataforma levará a cabo unha campaña informativa para denunciar "un espectáculo macabro" e que "deixa Sarria nunha posición vergoñenta"

Cartaz da manifestación Dominio Público Plataforma Sarria libre de touradas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.