Stop Desahucios recibe o Premio Portapaz

Acción contra unha execución hipotecaria CC-BY-NC-SA Stop Deshaucios

O Seminario Galego de Educación para a Paz decidiu entregarlle a Stop Desahucios o Premio Portapaz, co que todos os ano recoñece o labor dunha persoa o colectivo que destacara pola sá defensa dos valores cívicos e democráticos, a convivencia pacífica, o diálogo intercultural, os dereitos humanos e a Cultura da Paz. O SGEP destaca a súa "firmeza na defensa nonviolenta dun dereito humano como é o da vivenda digna fronte da voracidade ilimitada dos bancos que actúan como auténticos depredadores da xente do común coa complicidade dos gobernos e das institucións".

O galardón entregarase o vindeiro 30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz, nun acto que se celebrará no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). En edicións anteriores foron recoñecidos Manuel Rivas, Gervasio Sánchez, a Plataforma do 0.7, Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza, Paul Ríos, Karen Marón, Carmen Sarmiento, Ovarias, Amnistía Internacional, Manuela Mesa, José Couso, ou a Plataforma  pola Memoria Histórica de A Coruña, entre outras.

Acción contra unha execución hipotecaria CC-BY-NC-SA Stop Deshaucios

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.