Suspenden o xuízo contra os acusados de rebentar a manifestación de Galicia Bilingüe

Concentración diante dos xulgados Dominio Público Praza Pública

O xuízo contra os doce activistas acusados de rebentar a manifestación de Galicia Bilingüe o 8 de febreiro de 2009 foi suspendido e o proceso terá que reaunudarse nuns días. A razón está nun erro do fiscal, que quería incluír novos delitos contra dous dos acusados co xuízo en marcha, o que supoñía sumar un ano más de petición de cadea para cada un. A defensa protestou pola "indefensión" dos acusados. A xuíza do caso ofreceu un aprazamento de dez días, que tamén foi rexeitado, polo que finalmente decretou a nulidade da vista. O proceso volve agora ao xulgado de instrución para que redacte de novo os escritos de acusación.

O proceso volve agora ao xulgado de instrución para que redacte de novo os escritos de acusación

Durante toda a mañá varias ducias de persoas concentráronse ante os xulgados de Fontiñas, en Compostela, para apoiar os acusados. Esta concentración sumouse ás celebradas onte á noite en Compostela e Vigo, coa participación de máis de 250 persoas. A mobilización en Santiago percorreu a zona vella da cidade, dende a Praza de Cervantes até a Senra e a Praza Roxa, para rematar na sede do PP en Alfredo Brañas. Durante todo o percorrido berrouse “Na Galiza, En Galego” ou “Defender a lingua non é delito”, ao igual que esta mañá diante dos xulgados

Concentración diante dos xulgados Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.