Trabállase na posta en marcha dun novo centro social en Compostela

Imaxe da casa Dominio Público acampadascq

Dende hai unha semana un grupo de persoas están traballando na recuperación dunha casa abandonada no barrio de Sar, en Compostela, co obxectivo de que se convirta nun novo centro social nas vindeiras semanas. A casa está situada na rúa Curros Enríquez nº28.

Os traballos de posta en marcha do futuro centro social, nos que colabora a Acampada Compostela, se desenvolven todos os días de 11 a 19 horas e hai sesións de posta en común do traballo (necesidades da casa, avaliación do traballo, propostas, etc.) os mércores ás catro da tarde. Na casa hai un taboleiro coa lista de necesidades e outro coa lista de tarefas. Tamén se están considerando distintas iniciativas para financiar as obras da casa e a súa posta en marcha: concertos, crowfunding ou bonos axuda.

Imaxe da casa Dominio Público acampadascq

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.