Un ano de Praza

Xuntanza do Consello de Lectores e Lectoras CC-BY-SA Praza Pública

Estamos celebrando na Nave de Vidán de Compostela as xuntanzas -do Padroado da Fundación e do Consello de Lectores e Lectoras- e o acto público cos que celebramos o primeiro ano de Praza. Grazas a vós. 

Levamos desenvolvendo dende o 1 de febreiro de 2012 un traballo xornalistico diario que cremos rigoroso e plural, procurando sacar á luz algúns temas dos que non se adoita falar nos medios, e servir de altofalante os movementos sociais galegos e os sectores máis activos da cidadania. Queremos seguir facendo este traballo ao longo de 2013 e para iso necesitamos seguir contando co voso apoio. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.