Un manifesto chama a política a axustarse "aos límites ecolóxicos do planeta"

Cadro de 'El Roto' que acompaña o manifesto Dominio Público http://www.ultimallamada.org/

"De proseguir coas tendencias de crecemento vixentes (económico, demográfico, no uso de recursos, xeración de contaminantes e incremento de desigualdades) o resultado máis probable para o século XXI é un colapso civilizatorio". Vén de presentarse o manifesto Derradeira chamada, impulsado por ao redor de 250 investigadores, activistas sociais e políticos, que reclaman que as políticas e o desenvolvemento económico se axusten “aos límites ecolóxicos da Terra” e que as grandes preocupacións ambientais se incorporen ao centro do debate público. "Unha civilización remata e temos que construir outra nova. As consecuencias de non facer nada —ou de facer demasiado pouco— lévannos directamente ao colapso social, económico e ecolóxico. Pero se comezamos hoxe, aínda podemos ser as e os protagonistas dunha sociedad solidaria, democrática e en paz co planeta", conclúe o texto.

Entre os e as asinantes iniciais do texto hai un bo número de galegos e galegas: Xosé Manuel Beiras, Ana Miranda, Yolanda Díaz, Xavier Simón, Xan Duro, César Santiso, Xoán Ramón Doldán, Eva Solla, Antón Sánchez, Alexandre Carrodeguas, Laura Bugalho, Martiño Noriega, Begoña Herce Meléndrez, Manoel Santos, Lidia Senra, Afonso Fernandes, Comba Campoy, Manuel Casal Lodeiro, Xavier Vázquez Pumariño, Teresa Moure, Sech Sende, Enrique Pérez Lijó, María Xesús Boo, Lois Pérez Leira ou Maria José Castelo. Na lista aparecen nomes destacados, coma os de Domingo Jiménez Beltrán, ex director da Axencia Europea de Medio Ambiente, José Manuel Naredo, Joan Subirats, Carolina López, Arcadi Oliveres, Joan Herrera, Jorge Riechmann, Belén Gopegui, Esther Vivas, Juantxo López de Uralde, Pablo Iglesias, Teresa Forcades, Ada Colau, David Fernández, Cayo Lara ou Alberto Garzón.

O manifesto explica que a Gran Transformación que necesita o planeta "topa con dous obstáculos titánicos: a inercia do modo de vida capitalista e os intereses dos grupos privilexiados"

O manifesto explica que a Gran Transformación que necesita o planeta "topa con dous obstáculos titánicos: a inercia do modo de vida capitalista e os intereses dos grupos privilexiados. Para evitar o caos e a barbarie cara a onde hoxe estamos a nos dirixir, necesitamos unha ruptura política profunda coa hexemonía vixente, e unha economía que teña como fin a satisfacción de necesidades sociais dentro dos límites que impón a biosfera, e non o incremento do beneficio privado". O manifesto inicia hoxe a súa difusión e recollida de apoios, a través da web www.ultimallamada.org

Cadro de 'El Roto' que acompaña o manifesto Dominio Público http://www.ultimallamada.org/

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.