Un mes de solidariedade co pobo saharauí

Cartaz da iniciativa © Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Este venres comezan en Silleda unha serie de actividades -concertos, monólogos e contacontos-, que servirán para difundir a causa saharauí e ademais poder financiar o "Programa Vacacións en Paz" grazas ao que rapaces e rapazas saharauís que residen nos Campamentos de Refuxiados en Tindouf (Alxeria) poden vir pasar o verán a fogares galegos. Tamén serve de apoio para outros proxectos que leva a cabo a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí nos campamentos, comezando pola propia axuda humanitaria.

Este venres a partir das 21.30 horas Sergio Pazos ofrecerá un monólogo na Casa da Cultura de Silleda. O venres seguinte será a quenda de José Manuel Rodriguez, Isi. O venres 19 Tonhito de Poi ofrecerá un concerto acústico como presentación do seu álbum Soro da Verdade. Os contos de Celsiño e un novo monólogo, a cargo de Victor Grande, completarán un programa, que se pechará o sábado 27 en Dilema 95 cun Concerto por un Sahara libre. Actuarán Skarmento, Tiro na Testa, Zënzar, kanbotes e un grupo convidado.

Cartaz da iniciativa © Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.