Unha ILP defenderá a presenza da Filosofía no sistema educativo galego

Presentación da proposta, este xoves no Parlamento Dominio Público Praza Pública

Unha comisión de dez docentes, encabezados por Jorge Álvarez e Carme Adán presentou este xoves no rexistro do Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular que defende o papel da Filosfía no sistema eductivo galego. En concreto, a proposta insta a Consellaría de Educación a "realizar as adaptacións necesarias para incluir na oferta educativa do Bacharelato a obligatorieadade da Historia da Filosofía como materia troncal". E, así mesmo, a demandarlle ao Ministerio de Educación que nos traballos para o denominado Pacto educativo "propicie un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia”.

O texto manifesta a súa preocupación pola desaparición do estudo da Filosofía, o que considera "síntoma dunha grave crise no noso sistema educativo"

O texto manifesta a súa preocupación pola desaparición do estudo da Filosofía, o que considera "síntoma dunha grave crise no noso sistema educativo". "Nos últimos tempos, no estado español, se veñen producindo distintas modificacións no sistema educativo que na súa diversidade conflúen nunha progresiva retirada da educación en filosofía. A última é a representada pola chamada lei Wert, que comporta a supresión da Historia da Filosofía como materia común para o alumnado que culminan o seu bacharelato", di.

E considera a materia moito máis necesaria "nun contexto nada pasaxeiro de fondos cambios de todo tipo (tecnolóxicos, sociais, económicos, políticos, comportamentais, de valores) que afectan fondamente ás nosas vidas" e que que teñen como un dos seus efectos máis relevantes "a perda de sentido, de orientación no mundo, de seguridade nas pautas e formas conductuais que gobernan a nosa existencia, un xeral non saber a que aterse".

A petición conclúe que "non hai cidadanía, no senso máis fondo do termo, sen filosofía"

"Unha orientación pragmatista, de adaptación inmediatista ás demandas de certo mercado, lamina progresivamente o equipamento teórico dos nosos e das nosas escolares, quedando exposto/as, inermes para enfrontarse autonomamente ao seu mundo", subliña, concluíndo que "non hai cidadanía, no senso máis fondo do termo, sen filosofía".

 

Presentación da proposta, este xoves no Parlamento Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.