M.V. e P.P., de 68 e 64 anos de idade, con problemas de saúde e pensións mínimas, poden perder a súa casa a vindeira semana. Hai uns anos unha das súas fillas pediu un crédito hipotecario e eles actuaron como avalistas. Agora a filla non pode facer fronte ao pago da hipoteca e o BBVA quere facerse coa propiedade do piso no que vive a parella de anciáns. Curiosamente a vivenda suxeita á hipoteca non foi embargada.
A Rede de Apoio Mutuo creada en Ferrolterra reuniuse este mércores despois de que as entidades que a compoñen fosen alertadas da situación por membros da comunidade de veciños dun dos edificios do barrio de Caranza, na rúa Alcalde Quintanilla, onde reside a parella. Este venres ás 5 da tarde volverá ter unha asemblea nos locais da asociación Fuco Buxán e para a próxima semana prepara accións legais e de presión pública para deter o embargo. A filla tentou que o banco lle embargase a súa casa no canto da da seus pais, pero a entidade non aceptou a proposta polo de agora.
A filla tentou que o banco lle embargase a súa casa no canto da da seus pais, pero a entidade non aceptou a proposta polo de agora
A policía, que xa se persoou na súa vivenda cando menos nunha ocasión, advertiulles de que se presentará de novo o venres 28 de setembro para executar o desafiuzamento, acompañada dos servizos sociais do Concello.