Unha revista para protexer as liberdades

Captura de pantalla do portal CC-BY Esculca

O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades Esculca bota a andar Lente, unha publicación dixital sobre dereitos civis que incluirá análises, pesquisas e documentos realizados por autores, investigadores e activistas galegos e internacionais.

A revista quere ser un punto de encontro entre analistas de contrastada solvencia no ámbito dos estudos relacionados cos dereitos e liberdades públicas e xoves investigadoras e investigadores que con frecuencia non encontran facilmente medios para dar a coñecer os seus traballos. Este proxecto quere contribuir a crear en Galicia unha nova escola de investigación no campo xurídico-social que se desenvolva nun cadro de horizontalidade con representantes experientes do pensamento sociolóxico e xurídico de dentro e fora do país.

Lente inclúe unha sección de análises dedicada a examinar cuestións mais próximas á actualidade do momento, derivadas de problemáticas que podan requerir un estudo próximo no tempo. E unha segunda parte, chamada pesquisas na que se incluirán estudos mais detidos

Lente inclúe unha sección de análises dedicada a examinar cuestións mais próximas á actualidade do momento, derivadas de problemáticas que podan requerir un estudo próximo no tempo. E unha segunda parte, chamada pesquisas na que se incluirán estudos mais detidos, extensos e profundos sobre os ítems de interese da publicación. É nesta parte onde se ubican investigacións mais propiamente teóricas e cun maior grao de autonomía en relación á cotidianeidade.

Por exemplo, algúns dos traballos que xa se poden ler son Discurso del odio y discurso político de Rafael Alcácer Guirao, O control (Penal) dos emigrantes no contexto da crise: análise do caso español de José Angel Brandariz, A Convención Internacional das N.U. sobre dereitos de persoas con discapacidade de Cristobal Francisco Fábrega ou Xustiza Penal Internacional versus Impunidade de Mónica Zapico Barbeito.

Captura de pantalla do portal CC-BY Esculca

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.