Unha vintena de concentracións feministas protestarán este mércores contra o asasinato machista do Porriño

Cartel coas convocatorias para este mércores © PFG

Un novo asasinato machista. Este luns un home acabou coa vida da súa dona no Porriño, Magdalena Moreira Alonso, de 47 anos. O matrimonio iniciara o seu proceso de separación hai dúas semanas. O home, de 57 anos, marchou do traballo ao redor da mañá asegurando que estaba citado coa súa muller para asinar o seu divorcio. Cando o fillo máis vello da parella chegou a casa ao mediodía atopou os cadáveres de ambos os dous. A policía sospeita que cando a muller viu o seu marido armado cunha escopeta tentou fuxir, recibindo un disparo polas costas. Posteriormente, o asasino suicidouse.

Trátase da primeira muller asasinada por violencia de xénero no que levamos de ano en Galicia e a primeira dende febreiro do pasado ano. É a 17ª no conxunto do Estado español neste ano 2018. Como xa é habitual, o movemento feminista galego convoca concentracións de protesta ao día seguinte da publicación das novas do asasinato. Así, este mércores están xa convocadas máis dunha vintena de actos en cidades e vilas de toda Galicia. "Estamos fartas de ser asasinadas. Querémonos vivas!", destácase nos chamamentos. Estas son as convocatorias: 

  • Cangas, 12:30 Praza do Concello
  • O Porriño, 20.30h Praza do Concello
  • Ourense, 20h na Castañeira
  • Lugo, 20h diante do Concello
  • A Coruña, 20h no Obelisco
  • Vigo, 20h no MARCO
  • Compostela, 20h Praza 8 Marzo
  • A Estrada, 20h diante do Concello
  • Ferrol, 20h diante do Concello
  • Pontevedra, 20h audiencia provincial
  • Redondela, 20.30h praza da Constitución
  • As Pontes, 20h Praza do Hospital
  • Foz, 20h diante do Concello
  • Ribeira, 21h Praza do Concello
  • Viveiro, 20h Praza da Fontenova
  • Sarria 20h Praza do Concello
  • Redondela, 20:30 Praza da Constitución
  • Ames 20:30 Praza da Mahia
  • Carballo, 20h diante do Concello
  • Viana do Bolo, 20h Praza Maior
  • Monforte, 20.30h Praza de España
  • A Ramallosa (Nigrán). 20h Rotonda da Ramallosa
  • Miño, sábado 23 ás 12 na Praza do Parchís
Cartel coas convocatorias para este mércores © PFG
Axentes traballando na escena do crime © Garda Civil

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.