Unhas 300 persoas piden en Ferrol a paralización dos desafiuzamentos

Concentración na praza de Armas de Ferrol © Suso Pazos

Unhas 300 persoas concentráronse este domingo na praza de Armas de Ferrol para elixir a paralización dos desafiuzamentos e en solidariedade cos afectados e os seus achegados. Veciños, dirixentes políticos e representantes de diversas entidades sociais acudiron a unha chamada feita a través das redes sociais e tan só uns días despois do tráxico suicidio dunha muller en Barakaldo pouco antes de que a botasen da casa.

Os manifestantes piden ir máis aló que un pacto PP-PSOE e reclaman un acordo entre todos os partidos e as entidades sociais

A plataforma pola Recuperación de Espazos Públicos, de Ferrolterra, foi unha das representadas nunha concentración e na que denunciaron que o pacto acadado por PP e PSOE para reformar a lei hipotecaria "é simple maquillaxe". Así, reclaman que se vaia máis aló e que o acordo inclúa a todas as forzas políticas e ás entidades sociais.

Os asistentes á concentración reclamaron, de feito, a dación en pago, alugures sociais, unha renda de vivendas sociais e o dereito a un fogar digno. Representantes de PSdeG, Anova, EU, BNG ou Compromiso xuntáronse aos manifestantes.

Concentración na praza de Armas de Ferrol © Suso Pazos

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.